martes, 31 de mayo de 2011

Memoria final de curso

Despois das ultimas sesións formativas tanto con Sara como co grupo de traballo para poder obter o informe final definitivo cos indicadores necesarios para cada unha das competencias, por fin !!!, damos por concluido o curso 2011 no que se refire o traballo do Plan de autoavaliación e mellora da calidade na educación.

Aquí tedes a memoria final que presentamos:


Tamén vos presento as actas das reunións que tivemos...



Unha aperta a todos e seguimonos no BLOG...

lunes, 30 de mayo de 2011

O informe definitivo

Despois de ter analizado por todos os compenentes do grupo de traballo o primeiro informe de avaliación do alumnado por competencias, estimamos que o numero de indicadores era excesivo, polo que temos reducido o numero de cuestións de cada unha das competencias de cinco a tres, deste xeito o informe final queda así.

lunes, 25 de abril de 2011

Novo informe de avaliación final

Para poder rematar cas modificacións posibles, este é o informe (revisión 1) de avaliación final en canto a consecución de competencias básicas do alumnado de ESO no IES Concepción Arenal.
Para que todos o poidades estudalo e fagades as criticas pertinentes.
Este documento foi revisado tendo en conta as anotacións que tomamos na vista de Sara o centro, e aínda que poden faltar cousas ou alguna visión difierente do que ela expuso, así temos un texto sobre o que poidamos traballar...
As cousas máis salientables (correccións, erros, ortografía e gramática..) enviadelas como comentarios para que tod@s podamos velas...


viernes, 15 de abril de 2011

Ponencia de Sara Alvarez Morán do día 11 de Abril de 2011

O pasado luns día 11 de abril, visitounos Sara Alvarez, para revisar o traballo que fixemos no que vai de curso.
As críticas sempre positivas estiveron fundamentadas na categorización das preguntas que temos no noso modelo de avaliación final...
Deixovos a presentación que me fixo chegar Sara cas posibles modificacións das cuestións relativas a adquisición das competencias básicas.

viernes, 1 de abril de 2011

As últimas competencias que nos quedan...

O pasado día 30 de marzo celebramos a última reunión do grupo de traballo para terminar cas cuestións relativas as dúas competencias que nos faltaban, a competencia de aprender a aprende e a competencia de autonomía e iniciativa persoal.
Deste modo as cuestións para cada unha delas é:
Competencia de aprender a aprender:
  • Ten conciencia das capacidades que entran en xogo na aprendizaxe (comprensión lectora, concentración, memoria …).
  • Manifesta vontade por aprender avaliando os erros cometidos no proceso de aprendizaxe.
  • Analiza información de distintos contextos e intégraa correctamente cos seus coñecementos previos.
  • Organiza con eficacia o seu tempo e os recursos materiais para desenvolver actividades tanto individuais como colectivas.
  • Desenvolve as súas capacidades e tenta superar as súas carencias e/ou limitacións.

Competencia de autonomía e iniciativa persoal:
  • Ten ideas e/ou imaxina proxectos.
  • É capaz de defender as súas ideas e de escoitar as dos demais.
  • Toma decisións valorando as vantaxes e inconvenientes utilizando a información de diversas fontes e asume responsabilidades.
  • Persevera no desenvolvemento das súas propostas.
  • Desenvolve habilidades e actitudes relacionadas co liderazgo do proxecto.

jueves, 24 de febrero de 2011

Competencia Social e cidadá e a competencia cultural e artística

Nesta sesión do 23 de febreiro estivemos a traballar duas competencias máis para ter feitas as oito competencias. Neste caso nos ocupan:
  • A Competencia social e cidadá
  • A Competencia cultural e artística
Na competencia Social e cidadá quedará a seguinte proposta de cuestións a facer o profesorado sobre o alumnado:
  • Ten un comportamento respetuoso con todos os membros da comunidade educativa.
  • Respeta as instalacións do centro, así como os bens materiais propios e alleos.
  • Relaciónase dun xeito tolerante con outras persoas e participa en actividades de grupo.
  • Practica o dialogo e a negociación para chegar a acordos na resolución de conflictos.
  • Comprende e practica os valores dunha sociedade democrática (igualdade, liberdade, solidariedade…)
Do mesmo xeito a competencia cultural e artística ten es seguintes cuestións:
  • Aprecia e valora o patrimonio cultural e artístico.
  • Emprega diferentes recursos da expresión artística para a elaboración de creacións propias.
  • Valora a liberdade de expresión e o dereito á diversidade cultural.
  • Relaciona as distintas manifestacións culturais e artísticas coa evolución da sociedade.
  • Participa da vida cultural e artística do centro.
Vemonos na próxima reunión o vindeiro día 30 de marzo as 16:30h.

sábado, 5 de febrero de 2011

A competencia do coñecemento e interación co mundo físico e a dixital

O día 2 de febreiro de 2011 volvímonos reunir o grupo de innovación educativa do IES para acadar un conxunto de preguntas, do mesmo xeito que nas anteriores, que nos axuden a observar o grao de consecución das competencias básicas do alumnado no centro.
Despois dunha longa sesión na que consensuamos termos chegamos a un acordo nas seguintes preguntas para a Competencia do coñecemento e interación co mundo físico:
  • Interpreta os fenómenos naturais, científicos e tecnolóxicos.
  • Aplica o pensamento científico tecnolóxico para propoñer solucións aos problemas do seu contorno.
  • É consciente da influencia da actividade física e dos hábitos de vida na saúde.
  • Adoita criterios de responsabilidade no consumo.
  • Asume a necesidade da proteción do medio natural.
Unha vez rematada esta competencia comenzamos ca seguinte; a Competencia dixital, e tamén conseguimos, axustando os termos da redacción estar de acordo nas seguintes preguntas:
  • Utiliza as novas tecnoloxías para resolver problemas en distintas situacións.
  • Busca e selecciona axeitadamente información na rede para transformala en coñecemento.
  • Emprega as TIC de forma crítica e reflexiva para a realización de traballos persoais ou colaborativos.
  • Elabora producións dixitais utilizando as TIC.
  • Respecta as normas de conducta aceptadas socialmente no uso das TIC.
Emplazamos o membros do grupo de traballo a seguinte reunión o vindeiro día 23 de febreiro as 16:30 h para traballar sobre outras dúas competencias:
  1. Competencia Social e cidadá.
  2. Competencia Cultural e artística.