jueves, 20 de enero de 2011

A competencia matemática no IES Concepción Arenal

O día 19 de xaneiro de 2011 reunímonos o grupo de innovación educativa do IES para acadar un conxunto de preguntas que incluiremos no informe final da avaliación para observar o grao de consecución das competencias básicas do alumnado no centro.
Neste caso nos enfrontamos á Competencia Matemática, e despois de dúas horas de debate e discusión chegamos a un acordo nas seguintes preguntas:
  • Identifica e interpreta o significado  dos elementos matemáticos básicos (números, medidas, simbolos…) en diferentes contextos.
  • Interpreta información recollida en gráficas, taboas, datos estadísticos … 
  • Utiliza axeitadamente información e razoamentos matemáticos para enfrontarse ás situacións da vida cotiá.
  • Produce información utilizando ferramentas e razoamentos lóxicos e matemáticos.
  • Valora con sentido crítico o grao de coherencia dos resultados obtidos.
Unha vez rematada esta competencia comenzamos ca seguinte, pero polo cansancio e o avanzado da tarde, decidimos continuar na seguinte reunión, o vindeiro día 2 de febreiro as 16:30h.

viernes, 14 de enero de 2011

Feliz ano 2011 a tod@s!!

Neste novo ano infórmovos que as seguintes reunións do grupo de traballo están xa publicadas no calendario do blog:

E son:
  • O mercores 19 de xaneiro as 17:30 h,
  • O mercores 2 de febreiro,
  • O mercores 23 de febreiro,
  • O mercores 30 de marzo.
  • O luns 11 de abril teremos a sesión formativa con Sara Álvarez Durán.
Na sesión do día 19 de xaneiro traballaremos as cuestións relativas as competencias matemática e para o coñecemento e interación co medio físico, polo que vos recomendo que para axilizar o desenvolvemento da mesma preparedes algo como o que fixemos nas sesións anteriores.

Para facilitarvos o traballo remitovos dous enlaces:
O primeiro é o documento que envió Sara co exemplo doutro centro:
O segundo ca documentación referente a lexislación vixente:
(deste documento ver o Anexo I Competencias básicas, dende a páxina 12042 ata 12048)