jueves, 24 de febrero de 2011

Competencia Social e cidadá e a competencia cultural e artística

Nesta sesión do 23 de febreiro estivemos a traballar duas competencias máis para ter feitas as oito competencias. Neste caso nos ocupan:
  • A Competencia social e cidadá
  • A Competencia cultural e artística
Na competencia Social e cidadá quedará a seguinte proposta de cuestións a facer o profesorado sobre o alumnado:
  • Ten un comportamento respetuoso con todos os membros da comunidade educativa.
  • Respeta as instalacións do centro, así como os bens materiais propios e alleos.
  • Relaciónase dun xeito tolerante con outras persoas e participa en actividades de grupo.
  • Practica o dialogo e a negociación para chegar a acordos na resolución de conflictos.
  • Comprende e practica os valores dunha sociedade democrática (igualdade, liberdade, solidariedade…)
Do mesmo xeito a competencia cultural e artística ten es seguintes cuestións:
  • Aprecia e valora o patrimonio cultural e artístico.
  • Emprega diferentes recursos da expresión artística para a elaboración de creacións propias.
  • Valora a liberdade de expresión e o dereito á diversidade cultural.
  • Relaciona as distintas manifestacións culturais e artísticas coa evolución da sociedade.
  • Participa da vida cultural e artística do centro.
Vemonos na próxima reunión o vindeiro día 30 de marzo as 16:30h.

sábado, 5 de febrero de 2011

A competencia do coñecemento e interación co mundo físico e a dixital

O día 2 de febreiro de 2011 volvímonos reunir o grupo de innovación educativa do IES para acadar un conxunto de preguntas, do mesmo xeito que nas anteriores, que nos axuden a observar o grao de consecución das competencias básicas do alumnado no centro.
Despois dunha longa sesión na que consensuamos termos chegamos a un acordo nas seguintes preguntas para a Competencia do coñecemento e interación co mundo físico:
  • Interpreta os fenómenos naturais, científicos e tecnolóxicos.
  • Aplica o pensamento científico tecnolóxico para propoñer solucións aos problemas do seu contorno.
  • É consciente da influencia da actividade física e dos hábitos de vida na saúde.
  • Adoita criterios de responsabilidade no consumo.
  • Asume a necesidade da proteción do medio natural.
Unha vez rematada esta competencia comenzamos ca seguinte; a Competencia dixital, e tamén conseguimos, axustando os termos da redacción estar de acordo nas seguintes preguntas:
  • Utiliza as novas tecnoloxías para resolver problemas en distintas situacións.
  • Busca e selecciona axeitadamente información na rede para transformala en coñecemento.
  • Emprega as TIC de forma crítica e reflexiva para a realización de traballos persoais ou colaborativos.
  • Elabora producións dixitais utilizando as TIC.
  • Respecta as normas de conducta aceptadas socialmente no uso das TIC.
Emplazamos o membros do grupo de traballo a seguinte reunión o vindeiro día 23 de febreiro as 16:30 h para traballar sobre outras dúas competencias:
  1. Competencia Social e cidadá.
  2. Competencia Cultural e artística.