viernes, 1 de abril de 2011

As últimas competencias que nos quedan...

O pasado día 30 de marzo celebramos a última reunión do grupo de traballo para terminar cas cuestións relativas as dúas competencias que nos faltaban, a competencia de aprender a aprende e a competencia de autonomía e iniciativa persoal.
Deste modo as cuestións para cada unha delas é:
Competencia de aprender a aprender:
  • Ten conciencia das capacidades que entran en xogo na aprendizaxe (comprensión lectora, concentración, memoria …).
  • Manifesta vontade por aprender avaliando os erros cometidos no proceso de aprendizaxe.
  • Analiza información de distintos contextos e intégraa correctamente cos seus coñecementos previos.
  • Organiza con eficacia o seu tempo e os recursos materiais para desenvolver actividades tanto individuais como colectivas.
  • Desenvolve as súas capacidades e tenta superar as súas carencias e/ou limitacións.

Competencia de autonomía e iniciativa persoal:
  • Ten ideas e/ou imaxina proxectos.
  • É capaz de defender as súas ideas e de escoitar as dos demais.
  • Toma decisións valorando as vantaxes e inconvenientes utilizando a información de diversas fontes e asume responsabilidades.
  • Persevera no desenvolvemento das súas propostas.
  • Desenvolve habilidades e actitudes relacionadas co liderazgo do proxecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario