sábado, 5 de febrero de 2011

A competencia do coñecemento e interación co mundo físico e a dixital

O día 2 de febreiro de 2011 volvímonos reunir o grupo de innovación educativa do IES para acadar un conxunto de preguntas, do mesmo xeito que nas anteriores, que nos axuden a observar o grao de consecución das competencias básicas do alumnado no centro.
Despois dunha longa sesión na que consensuamos termos chegamos a un acordo nas seguintes preguntas para a Competencia do coñecemento e interación co mundo físico:
  • Interpreta os fenómenos naturais, científicos e tecnolóxicos.
  • Aplica o pensamento científico tecnolóxico para propoñer solucións aos problemas do seu contorno.
  • É consciente da influencia da actividade física e dos hábitos de vida na saúde.
  • Adoita criterios de responsabilidade no consumo.
  • Asume a necesidade da proteción do medio natural.
Unha vez rematada esta competencia comenzamos ca seguinte; a Competencia dixital, e tamén conseguimos, axustando os termos da redacción estar de acordo nas seguintes preguntas:
  • Utiliza as novas tecnoloxías para resolver problemas en distintas situacións.
  • Busca e selecciona axeitadamente información na rede para transformala en coñecemento.
  • Emprega as TIC de forma crítica e reflexiva para a realización de traballos persoais ou colaborativos.
  • Elabora producións dixitais utilizando as TIC.
  • Respecta as normas de conducta aceptadas socialmente no uso das TIC.
Emplazamos o membros do grupo de traballo a seguinte reunión o vindeiro día 23 de febreiro as 16:30 h para traballar sobre outras dúas competencias:
  1. Competencia Social e cidadá.
  2. Competencia Cultural e artística.

No hay comentarios:

Publicar un comentario