- Comprende e interpreta as mensaxes orais e escritas que lle permiten desenvolverse na vida cotiá.
- Exprésase oralmente de forma clara, ordenada e fluída (ideas, emocións, necesidades…)
- Exprésase por escrito de forma estruturada e precisa.
- Razoa, debate e argumenta con sentido crítico.
- Usa de forma axeitada técnicas de organización do pensamento (resumos, esquemas, cadros, táboas, mapas, gráficos …)
viernes, 19 de noviembre de 2010
Traballo realizado sobre a comunicación lingüística
Despois dunha larga discusión por parte dos membros do equipo de tragaballo, estas son as cuestións relativas a competencia en comunicación lingüística que ao noso parecer integrarán o informe de avaliación final do alumnado:
Etiquetas:
avaliación final,
ccbb,
comunicación lingüística,
Informe
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Sinto non ter estado na reunión do Xoves.
ResponderEliminarEstou dacordo cos catro primeiros puntos, pero non co último na súa totalidade: "Usa de forma axeitada técnicas de organización do pensamento (resumos, esquemas, cadros, táboas, mapas, gráficos …)"
Creo que usar as táboas, mapas e gráficos forma parte da competencia matemática e non da lingüistica.
Dende o grupo de traballo decidimos incorporar esta cuestión pois é un dos principais obxectivos da Competencia en Comunicación Lingüística, ser capaz de obter a información de donde sexa necesario para expresarse na escrita ou na fala, utilizando para elo técnicas coma a síntesis, o resumo, a extración de ideas principais e secundarias...
ResponderEliminarComo dixen no comentario anterior, efectivamente é imprescindible obter a información de onde sexa necesario, e polo tanto tamén é importante saber facer resumes, esquemas, etc. Pero non teño claro se as táboas, gráficos e mapas, forman parte tanto da competencia matemática como da lingüística.
ResponderEliminarSendo práctico, a comunicación lingüística considera que o alumno ten que ter a competencia de poder observar un texto, un esquema, un gráfico, un mapa... e ser capaz de comentar o que ve sen necesidade neste caso de realizar ningún tipo de calculo, operación ou nada que teña que ver cas matemáticas.
ResponderEliminarTamén teremos que ver este mesmo apartado na competencia matemática, e nese caso, penso que o que buscaremos é a resolución de problemas apoiandose neste tipo de recursos, para o cal o alumnado terá que utilizar as ferramentas operacionais necesarias ccoma para obter o resultado do problema.