Neste curso 2010-2011 e continuando co traballo realizado no curso anterior, volveron a concedernos o proxecto "Plan de autoavaliación e mellora da calidade da educación: educación en competencias básicas."
No curso 2009-2010 tivemos sesións formativas e reunións dos membros do profesorado que participaron no proxecto, e nestas sesións conseguimos aclarar moitas das dúbidas que tiñamos sobre o tema das competencias básicas.
Unha das cousas máis interesantes que fixemos foi escoitar as ponencias de Sara Alvarez Morán, que nos meses finais do curso puido facer un oco na súa axenda e vir ata Ferrol dende o seu centro de traballo, Oviedo.
Neste curso queremos que veña outra vez a axudarnos para levar adiante este proxecto e polo de agora temos a súa confirmación para tres sesións formativas, unha en cada trimestre.
Dende aquí animovos a participar neste traballo sobre competencias básicas polos motivos seguintes:
- As competencias teremos que utilizalas nas avaliacións
- Agora podemos obter unha certificación por innovación educativa de 50 h por participar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario